Estame
En botánica, un estame é cada un dos órganos florais masculinos portadores de sacos polínicos, chamados (microsporanxios), que orixinan os grans de pole (micrósporas).
Etimoloxía
editarA palabra estame (do latín stamen, "febras longas do vélaro de la") é o órgano masculino dunha flor. Cada estame xeralmente ten un filamento (do latín filum, "fío"), e, ao final del, a antera do grego antigo anthera, feminino de antheros "floral," e de anthos, "flor,").
Características
editarOs estames típicos que se atopan nas anxiospermas, consisten nunha antera pendurada no extremo dun pedículo. Os nectarios florais desenvólvense en moitos casos na base dese filamento.
Chámase estaminodios aos estames estériles que de forma normal aparecen en certas flores. A súa función é variada e pode ter que ver coa produción de néctar ou coa función rechamante que adoitan cumprir os pétalos.
Nun gromo floral inmaturo (non aberto), os filamentos aínda son curtos. A súa función posterior é transportar nutrientes ao pole en desenvolvemento e comezan a alongarse en canto abre o gromo. A antera pode estar fixada ao filamento de dúas formas:
- basifixa: á base do fiamento; permite a dehiscencia lonxitudinal (abre lonxitudinalmente para liberar o pole)
- versátil: fixado ao centro do filamento; o pole é logo liberado a través de poros (dehiscencia poral).
Tipos
editarOs estames poden ser connatos (fusionados ou unidos na mesma espiral):
- monadelfos: fusionados nunha única estrutura composta
- diadelfos: fusionados parcialmente en dúas estruturas androicas
- sinantéreos: soamente as anteras son connatas (tales como nas Asteraceae).
Os estames poden tamén ser adnatos (fusionados ou unidos en máis dunha espiral):
- epipétalos: xurdindo da corola.
- didínamos: xurdindo en dous pares de diferente largura.
- tetradínamos: xurdindo como un grupo de seis fiamentos con dous deles máis curtos.
- protuberantes: alongados máis aló da corola.
- inclusos: non exceden a corola.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gola, G., Negri, G. y Cappeletti, C. 1965. Tratado de Botánica. Editorial Labor S.A., Barcelona, 2ª edición, p. 1.110.
- Font Quer, P. 1953. Diccionario de Botánica. Labor, Barcelona.
- Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. Omega, Barcelona, 8ª edición, p. 1088.