Escania é unha provincia situada ó sur de Suecia, á cal pertence politicamente. Antigamente estivera baixo soberanía danesa. Formaba unha das provincias históricas de Suecia, fronteiriza coas de Halland, Småland e Blekinge. Actualmente forma parte do condado de Escania. A capital era Malmö. Pola súa riqueza na produción de cereais e a súa situación estratéxica á entrada do Mar Báltico foi tradicionalmente desexada polos suecos, pero non foi até o Tratado de Roskilde de 1658 que Suecia non acadou a súa adhesión, ratificada polos pactos de Copenhaguen (1660) e Lund (1679). A universidade de Lund, fundada en 1668, contribuíu a difundir a cultura sueca en Escania.

Modelo:Xeografía políticaEscania
Imaxe

Símbolo oficialLeucanthemum vulgare (flores provinciais en Suecia) Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 55°48′N 13°37′L / 55.8, 13.62
EstadoSuecia
Condadocondado de Escania Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.386.530 (2020) Editar o valor en Wikidata (125,74 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie11.027 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario

Páxina webskane.com Editar o valor en Wikidata

As principais cidades son Malmö, Helsingborg e Lund.

En Escania fálase o dialecto escanio do sueco. Este dialecto é considerado ocasionalmente como unha lingua propia (especialmente polos nacionalistas escanios), pero esta non é a opinión da maioría dos escanios. Este dialecto é basicamente unha variante do sueco con moitos trazos daneses.

A bandeira escania é unha mestura da bandeira sueca e a danesa. A bandeira adoita ser vista por Escania, pero non ten carácter oficial.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar