Diocleciano

emperador romano entre 284 e 311

Gaius Aurelius Diocles Diocletianus, nado en Dalmacia en 244 e finado en 311, foi un emperador romano, un dos augustos da Primeira Tetrarquía. Rematou coa Crise do Século III (235-284) establecendo un goberno autocrático que sentou os alicerces da segunda fase do Imperio Romano, coñecida como Dominado (fronte ao Principado anterior). As reformas de Diocleciano contribuíron para garantir que o imperio perdurase durante varios séculos.

Modelo:BiografíaDiocleciano

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Gaius Aurelius Valerius Diocletianus Augustus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(grc) Gaius Valerius Diocles Editar o valor en Wikidata
22 de decembro de 242 ↔ 22 de decembro de 245 Editar o valor en Wikidata
Doclea (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 316 Editar o valor en Wikidata (66/76 anos)
Salona (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de São Dômnio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónsul romano
287 – 287
Cónsul romano
285 – 285
51º Emperador romano
20 de novembro de 284 – 1 de maio de 305
← CarinoConstancio I Cloro, Galerio →
Cónsul romano
284 – 284
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, monarca Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloCésar (título)
Augusto (título) Editar o valor en Wikidata
CónxuxePrisca Editar o valor en Wikidata
FillosGaleria Valeria Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaximiano
Carausio Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
24 de febreiro de 303-313Persecución de Diocleciano
284-306Tetrarquía Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 35785081 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Diocles naceu, probablemente, en Salona, Dalmacia, cara ao ano 244.[1] Os estudosos non se poñen de acordo sobre o nome orixinal que puido ser Διοκλής (Diocles), ou quizais Diocles Valerio.[2] De baixo nível social, Diocles subiu os chanzos da carreira militar e distinguiuse baixo os emperadores Probo e Aureliano até ser nomeado cónsul. Acusado do asasinato de Numeriano en setembro de 284 xunto co prefecto do pretorio Arruis Aper, matou a este en público e, ese mesmo ano, se converteu en emperador en Nicomedia;[3] pouco despois, venceu a Carino, fillo de Caro, en Moesia. Realizou reformas profundas a fin de salvar o imperio da caída inminente. Diocleciano tiña tres obxectivos: fortalecer o seu poder, reformar os métodos de goberno e rexenerar o exército. Para iso promoveu reformas na administración e no recrutamento militar (dobrando o número de lexións), pasou a usar mercenarios bárbaros e transformou os servizos do exército nas fronteiras en hereditarios. Nese último caso, os soldados non pasaban de servos do Estado, obrigados a loitar a cambio dunha paga fixa e do dereito de ocupar a terra.

A diarquía

editar

O poder autocrático era incompetente para gobernar e defender o inmenso imperio e varias provincias tentaban liberarse e vivir baixo o goberno de emperadores propios. Dada a complexidade dos problemas políticos e administrativos derivados da extensión do Imperio Romano, así como a necesidade dun sistema organizado para a sucesión dos emperadores, xulgou Diocleciano que a forma de resolver esas cuestións sería dividir de feito (xuridicamente continuaba sendo un) o Imperio Romano en pars Orientis e pars Occidentis. O control da rexión occidental (pars Occidentis) foi transferido para Maximiliano, un xeneral da súa confianza. Reservando a rexión oriental (pars Orientis) para si, Diocleciano non dividiu propiamente o poder co seu compañeiro de armas Maximiliano, pois, na realidade, Diocleciano estaba colocado en posición superior á de Maximiliano. A partir de aí, o Imperio pasou a ter dos Augustos (augustus), cada cal con exército, administración e capital propios, aínda que Diocleciano continuase a ser o xefe do Estado, representando a unidade do mundo romano. Ese sistema ficou coñecido como diarquía.

A tetrarquía

editar

Posteriormente, o Imperio foi dividido en 101 provincias, agrupadas en doce dioceses reunidas en catro prefecturas. Apartir de entón pasaron a existir catro emperadores, dous deles co título de Augusto e dous co título de César (caesar). Eses eran xefes militares capaces de gobernar e protexer o imperio, adoptados como fillos polos Augustos, a quen sucederían en caso de morte, incapacidade provocada pola vellez ou despois de vinte anos dos seus gobernos. Os césares, lugar-tenentes dos Augustos, tamén posuían capital, exército e administración propios. A esa organización dáselle o nome de tetrarquía, pois hai dos Augustos e dous Césares.

O Dominado

editar

Diocleciano instaurou o Dominato, ou sexa, unha monarquía despótica e militar, de tipo helenístico. Baixo a influencia de ideas orientais, o Princeps converteuse en Dominus, isto é, en amo ou gobernante absoluto á fronte dunha gran burocracia. O emperador tornábase "señor e deus" e tódolos que eran admitidos na súa presenza eran obrigados a axeonllarse e beixar a punta do manto real. Extinguiuse, con iso, o principado: os civís foran derrotados polos militares. Paradoxalmente, a reforma de Diocleciano, continuada polos seus sucesores, ao mesmo tempo que garantiu a estabilidade do Imperio por máis de dous séculos, acentuou aínda máis a crise estrutural do Imperio Romano.

Ao aumentar a máquina administrativa e militar do Estado, que consumía recursos inmensos, aumentaba, consecuentemente, a espoliación dos súbditos a través da cobranza de altos impostos. Unha das formas atopadas polas masas populares para fuxir dos pagamentos dos tributos era a mudanza de domicilio e ocupación. A xeneralización dese proceso levou ao autócrata Diocleciano a procurar "fixar" os agricultores, colonos ou arrendatarios sobre as terras que cultivaban, prohibíndolles abandonalas. Con esa violenta supresión da liberdade individual, o home libre da época transformouse en servo do Estado. Xurdía a servidume. Os ideais greco-romanos dunha comunidade de cidadáns libres desapareceran. Determinou, aínda, que os traballadores urbanos deberían permanecer nas súas profesións, sen o dereito de abandonalas, debendo transmitilas aos descendentes, en carácter obrigatorio. Instituíase, dese modo, un sistema de castas ata entón descoñecido en Roma, co nítido obxectivo de manter estacionaria e inmobilizada a estrutura económica do Imperio. Os cidadáns transformaranse en súbditos dun déspota, servindo aos intereses do Estado. Creou tamén, empresas estatais monopolistas, incentivando a compra de materias primas para garantir o aprovisionamento do exército. Con Diocleciano, o dirixismo estatal alcanzou seu punto máis elevado.

Diocleciano procurou conter a alta dos prezos e salarios co Edicto Máximo (301). O "conxelamento" da economía acabou fracasando.

Diocleciano rehabilitou as vellas tradicións, incentivando o culto dos deuses antigos. Emprendeu a que é coñecida por algúns historiadores eclesiásticos como a penúltima grande persecución emprendida polo Imperio Romano contra o Cristianismo. Impuxo o uso do latín nas provincias do Oriente. Prestixiou as leis romanas.

Enfermo e debilitado, conforme establecera, Diocleciano abdicou o 1 de maio de 305, converténdose no primeiro emperador romano en deixar voluntariamente o seu su cargo. Desde entón, retirouse ao seu palacio na costa dálmata, dedicado ao coidado dos seus xardíns e hortas. O seu palacio converteuse no núcleo orixinal da actual cidade de Split (Croacia). Morreu o 3 de decembro de 311.[4][5][6]

  1. Barnes (1982), p. 36, 46
  2. Potter (2005), p. 648
  3. Sayas & Abad (2013), p. 67
  4. Barnes (1982), pp. 31-32
  5. Barnes (1973), pp. 32-35
  6. Barnes (1981), p. 41

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar