Daguerrotipo
O daguerrotipo foi o primeiro procedemento fotográfico anunciado publicamente, construído e perfeccionado por Louis Daguerre en 1839 a partir das experiencias previas de Joseph Nicéphore Niépce.
Está considerado un precursor da fotografía moderna, e foi unha ponte entre a cámara negra creada por Zahn e retocada por Joseph Nicéphore Niépce, e a cámara de obxectivo do alemán Petzvalen. As publicacións do momento deron a coñecer o novo aparato á sociedade, pero supuxo sobre todo unha revolución no mundo da información, xa que permitiu cubrir feitos históricos como as guerras de Crimea e da Secesión Americana, dando lugar a un novo xénero fotográfico: o fotoxornalismo.
Características
editarPara a obtención da imaxe pártese dunha capa sensible de nitrato de prata estendida sobre unha base de cobre. A partir dunha exposición na cámara, o positivo plásmase no mercurio. Finalmente, a imaxe fíxase tras somerxer a placa nunha solución de cloruro sódico ou tiosulfato sódico diluído.
A finais do ano 1840 conseguíranse tres progresos técnicos no daguerrotipo. En primeiro lugar, conseguiuse unha lente ata 22 veces máis brillante. Amais, aumentouse a sensibilidade das placas ante a luz ó ser recubertas por substancias halóxenas (aceleradores ou substancias rápidas), co que o tempo de exposición se reduciu. Por último, as placas douráronse para enriquecer os tons.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Daguerrotipo |