Conoidasida
Conoidasida | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ooquistes de Eimeria maxima | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subclases | |||||||||||
Conoidasida é un grupo de protistas clasificados como unha clase do filo dos Apicomplexos. A clase foi definida en 1988 por Levine[1] e contén dúas subclases: os coccidios e as gregarinas. Todos os membros desta clase teñen un orgánulo chamado conoide truncado, oco e completo. As gregarinas adoitan ser parasitas de invertebrados e con gamontes maduros extracelulares; os coccidios na súa maioría infectan a vertebrados e teñen gamontes intracelulares.
Características
editarA maioría das especies presentan un conoide, que forma un cono completo pero truncado. A outra clase de Apicomplexos, os Aconoidasida, teñen un conoide só durante o estadio de oocineto e carecen del no resto do seu ciclo vital, pero os Conoidasida téñeno xeralmente durante todo o seu ciclo vital.
No ciclo vital de todas as especies hai reprodución sexual e asexual. Normalmente, cada cigoto forma unha parede de ooquiste dentro da cal realiza a meiose. Despois disto, algunhas veces prodúcese mitose. Este proceso de esporogonia produce esporozoítos infecciosos vermiformes móbiles.
Tamén se producen múltiples divisións mitóticas (esquizogonia) durante a merogonia dos estadios nos que se alimenta (trofozoítos) e durante a gametogonia.
Motilidade
editarOs microgametos dalgunhas especies son flaxelados. A locomoción que presentan outros gametos e outros estadios mótiles é por escorregamento ou flexión da célula. Algunhas especies posúen pseudópodos, pero utilízanos para a fagocitose soamente.
Notas
editar- ↑ Levine, N.D. (1988). The protozoan phylum Apicomplexa. The Protozoan Phylum Apicomplexa. CRC Press. ISBN 978-0-8493-4653-8.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- ITIS id=553100 Conoidasida data de acceso: 19 de outubro de 2013 [1]