Compostellanum
Compostellanum. Sección de Estudios Jacobeos (ou Compostellanum. Sección de Ciencias Eclesiásticas) é unha revista católica en castelán, fundada polo cardeal Fernando Quiroga Palacios, publicada en Santiago de Compostela desde 1956, de periodicidade trimestral.
Compostellanum Sección de Estudios Jacobeos ou Sección de Ciencias Eclesiásticas | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | castelán, galego |
Especialidade | estudos xacobeos |
Fundación | 1956 |
Fundador | Fernando Quiroga Palacios |
Primeira edición | 1956 |
Editorial | Instituto de Estudos Xacobeos |
Circulación | |
Frecuencia | trimestral |
ISSN | 0573-2018 |
OCLC | 409932394 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarÚnico órgano do Centro de Estudos Xacobeos e do Instituto Teolóxico Compostelán. Comeza a publicarse en 1956 e publica ao ano catro volumes; dous de investigación teolóxica (Sección de Ciencias Eclesiásticas) e dous de estudos históricos (Sección de Estudios Jacobeos), preferentemente sobre o tema de Santiago na historia. Trata temas como a peregrinación cristiá, a igrexa católica, relixión ou arquitectura relixiosa. O primeiro número da revista foi publicado no primeiro trimestre de 1956, baixo a dirección do profesor Manuel Rey Martínez.
Esta revista foi fundada polo mesmo creador do Centro, o cardeal Fernando Quiroga Palacios, o cal dixo explicitamente no número 1 da publicación que «a revista quería ser un vehículo portador das inquietudes e dos traballos e investigacións dos profesores do noso seminario e doutros estudosos, sacerdotes e segrares, no que se refire ás ciencias sagradas e ás profanas, en canto con aquelas se relacionan».
Trátase dunha publicación que mantivo vivo o estudo e espírito do fenómeno xacobeo nos últimos 50 anos. Nela, publicáronse traballos de gran calado científico sobre as investigacións torno o sepulcro de Santiago. Moitos destes traballos seguen a ser referencia obrigada para os estudosos do feito Xacobeo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Compostellanum". Diccionario enciclopédico galego universal 17. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 60-61. ISBN 84-7680-429-6.
- "Compostellanum". Enciclopedia Galega Universal 6. Ir Indo. 1999-2002. p. 77. ISBN 84-7680-288-9.
- "Compostellanum". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.