A guerra da Galia
A guerra da Galia (en latín: De bello Gallico) é o relato de primeira man de Xulio César sobre a guerra das Galias, escrito como narración en terceira persoa. Nel, César describe as batallas e intrigas que tiveron lugar nos nove anos que pasou loitando contra os pobos xermánicos e celtas da Galia que se opoñían á conquista romana.
A guerra da Galia | |
---|---|
Primeira páxina de De bello Gallico, dun manuscrito de 1469. | |
Título orixinal | De bello Gallico |
Autor/a | Xulio César |
Orixe | República Romana |
Lingua | Latín |
Tema(s) | Guerra das Galias |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Laiovento |
Data de pub. | (orixinal) -58 a -49 2019 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 370 (gl) |
ISBN | ISBN 978-84-8487-444-7 (gl) |
Tradución | Alfonso Blanco Quintela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A "Galia" á que se refire César é ambigua, xa que o termo tiña varias connotacións no discurso e na escrita de Roma durante a época de César. Polo xeral, a Galia inclúe todas aquelas rexións que foran conquistadas ou administradas ou que estaban principalmente habitadas por celtas; agás a provincia romana de Gallia Narbonensis (as actuais Provenza e Languedoc-Rosellón), que xa fora conquistada naquela época, abranguendo polo tanto o resto das modernas Francia, Bélxica, oeste de Alemaña e partes de Suíza. Segundo a República Romana incursionou máis profundamente no territorio celta e conquistou máis terras, a definición de "Galia" mudou. Ó mesmo tempo, "Galia" foi tamén un termo da fala común como sinónimo de "incivilizado" ou "non sofisticado" xa que os romanos vían ós celtas como non civilizados en comparanza con Roma.
A obra é un dos piares do ensino da lingua latina pola súa prosa sinxela e directa. Comeza coa frase frecuentemente citada "Gallia est omnis divisa in partes tres", que quere dicir "A Galia é un todo dividido en tres partes". A obra completa está dividida en oito seccións, do Libro 1 ó Libro 8, variando en tamaño en arredor de 5 000 a 15 000 palabras. O libro 8 foi escrito por Aulo Hircio, logo da morte de César.[1]
Foi traducida ó galego por Alfonso Blanco Quintela[2] e foi publicada por Edicións Laiovento no ano 2019.[3]
Notas
editar- ↑ Peck, Harry Thurston, ed. (1963). "Caesar, Gaius Iulius". Harper's Dictionary of Classical Literature and Antiquities. Nova York: Cooper Square Publishers, Inc. p. 248.
- ↑ Edicións Laiovento (ed.). "A guerra da Galia en Edicións Laiovento". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 29 de maio de 2019.
- ↑ "'A guerra da Galia' de Xulio César, en galego. Crónica de guerra de antes de Cristo". Sermos Galiza. 27 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 29 de maio de 2019.