Cinco bos emperadores
O período da historia romana comprendido entre os anos 96 e 180 coñécese como a era dos Cinco Bos Emperadores.
Durante as administracións imperiais de Nerva (96 a 98), Traxano (98 a 117), Adriano (117 a 138), Antonino Pío (138 a 161) e Marco Aurelio (161 a 180), Roma desfrutou de relativa paz e prosperidade política, militar e económica, tendo, entón, atinxido o seu ápice.
A prioridade do Imperio pasou a ser, a partir de Adriano, a súa propia manutención, en detrimento do expansionismo que o guiara anteriormente. Estabelecíase, así, a Pax Romana.
Un dos factores apuntados como responsábeis por esa boa fase foi o método de sucesión escollido por tales emperadores: en vez de simplemente transferiren o poder aos seus descendentes, que non necesariamente posuíam capacidade administrativa para conducir o Imperio, este era transmitido a un sucesor notadamente capaz. Foi así en primeiro lugar con Traxano, que foi adoptado e escollido por Nerva co fin de sucedelo (Nerva non tiña fillos).
Esa feliz "política" de sucesións só foi interrompida cando Marco Aurelio indicou non o home máis apto para substituílo no cargo após a súa morte (ocorrida en 180) e si o seu fillo, Cómodo, encarado como un dos peores emperadores que Roma tivo e responsábel polo inicio das inestabilidades políticas que abalarían o Imperio.