Cartel

folla de papel, cartón ou outro material na que se anuncia algo ou se proporciona información

Cartel é un soporte, normalmente en papel, fixado de forma que sexa visible en locais públicos. A súa función principal é a de divulgar información visualmente, pero tamén é apreciada como unha peza de valor estético. Alén da súa importancia como medio de publicidade e de información visual, o cartel posúe un valor histórico como medio de divulgación en importantes movementos de carácter político ou artístico.

Historia

editar

Raíces

editar

O cartel ten as súas raíces na antigüidade. Mais é a partir do uso da técnica da litografía, na segunda metade do século XIX, que o cartel pasa a ter unha estrutura recoñecible como peza de publicidade. Jules Chéret e Alphonse Mucha foron dous grandes deseñadores gráficos que se dedicaron especialmente ós carteis e tiveron un papel importante no seu desenvolvemento. Nesa época artistas plásticos de renome se dedicaron ó cartel, como Toulouse-Lautrec entre outros.

Século XX

editar

No século XX o cartel tivo un papel importante no deseño moderno. O deseño ruso foi influente na evolución do cartel europeo moderno e na escola de deseño alemá, a Bauhaus. O cartel ruso caracterizouse pola relación cas vangardas artísticas e a propaganda do goberno soviético.

 
O Tío Sam, cartel propagandístico para recrutar soldados estadounidenses para a primeira e a segunda guerra mundial.

Os carteis construtivistas do deseñador El Lissitzky son bos exemplos das mudanzas estéticas da época, co emprego de formas xeométricas, cores puras (coma o vermello e o negro), tipografía sen serifa e de montaxes fotográficas.

Das vangardas europeas ata a deconstrución posmodernista o cartel mantivo unha renovación constante, sobrevivindo ó auxe de novos medios, como a televisión ou a radio.

Bo exemplo do poder de masas que tivo o cartel durante o século XX foi a súa inxente utilización durante as guerras, como medio de persuasión ideolóxica. Así, a primeira gran guerra propagandística pode considerarse que foi a Guerra civil española.