Caldo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Caldo é un termo da cociña que designa a substancia obtida ao cocer en auga un ou varios xéneros. Dependendo do xénero hai varios tipos de caldos:
- Caldo de carne
- Caldo de peixe
- Caldo de verduras
E ademais hai unha serie de preparacións específicas:
En Galiza emprégase decote en referencia ao caldo galego, prato que se compón xeralmente de verdura, patacas e carne, todo cocido con unto.
Hai moitos tipos de caldo:
- Branco, feito con fabas e sen verdura.
- Caldo de pucheiro, de galiña, caldo limpo, caldo pobre etc.