Bonifacio II, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Bonifacio II, nado en Roma e finado en Roma o 17 de outubro de 532, foi o 55º papa da Igrexa católica, entre os anos 530 e 532.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Roma, Italia |
Morte | 17 de outubro de 532 Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
55º Papa | |
22 de setembro de 530 – 17 de outubro de 532 ← Fiz III – Xoán II → | |
Cardeal | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Boniface II. |
Traxectoria
editarAínda que naceu en Roma, era ostrogodo de nacemento, o que o converteu no primeiro papa de orixe xermánica, grazas ao apoio do rei godo Atalarico.
Designado por Fiz IV como o seu sucesor mediante un edito, á morte deste unha parte do clero, respectando a vontade do falecido, elixiuno pontífice o 22 de setembro de 530, mentres que a facción maioritaria da curia se opuxo á súa elección, elixindo como papa a Dióscoro. O posible cisma na igrexa desapareceu coa morte de Dióscoro vinte e dous días despois do seu nomeamento.
Obsesionado coa posibilidade de que á súa morte volvese a producirse unha dupla elección papal que desembocase nun cisma, convocou un concilio no que se outorgou a prerrogativa de elixir o seu propio sucesor, designando como tal ao diácono Vixilio. Porén, a oposición que encontrou ante este proceder e que levou ao propio Senado romano a acusar ao papa de abuso de poder, fixo que Bonifacio se retractase, non accedendo á cadeira papal trala morte de Bonifacio, se ben o faría posteriormente.
Predecesor: Fiz III |
Papa 530-532 |
Sucesor: Xoán II |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |