Bandeira do Brasil
A bandeira do Brasil (coñecida co sobrenome de Auriverde) está formada por un rectángulo verde de proporción 7:10. Sobre este rectángulo, aparece un rombo amarelo, e dentro deste, un círculo azul cunha banda branca contén o lema "Ordem e Progresso" en cor verde, así como 27 estrelas de cor branca.
Bandeira do Brasil | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 7:10 |
Adopción | 19 de novembro de 1889 |
Cores | Verde Branco |
Historia
editarDominación colonial
editarDurante a dominación colonial do Brasil por parte de Portugal utilizáronse diversas bandeiras baseadas nos emblemas da monarquía lusitana. As primeiras bandeiras usadas polos navegantes e exploradores incluían a cruz da Orde de Cristo xunto ao Escudo Real.
En 1645 foi creada a primeira bandeira propiamente brasileira ao crearse o Principado do Brasil. Constaba dunha esfera armilar dourada sobre un campo branco. Esta bandeira foi utilizada ata a fundación do Reino do Brasil como parte do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarve. En 1816, a bandeira do Reino do Brasil constaba da esfera armilar centrada sobre un campo azul.
Independencia
editarO 7 de setembro de 1822, o Reino do Brasil declarouse independente de Portugal e posteriormente asumiu o título de Imperio do Brasil, título oficial que ostentou o país ata 1888.
A bandeira, base do actual pavillón patrio, constaba dun campo verde que representaba a casa de Braganza do emperador Pedro I cun rombo amarelo que identificaba aos Habsburgo, familia da emperatriz María Leopoldina. Sobre este situábase o Escudo Imperial.
-
Bandeira do Reino do Brasil (1822)
República
editarA bandeira actual está baseada na antiga bandeira do Imperio do Brasil creada por Jean-Baptiste Debret en 1820. Os cambios foron ideados por un grupo de membros da Igrexa Positivista, composto por Raimundo Teixeira Mendes, Miguel Lemos e Manuel Pereira Reis. O deseño do disco azul foi executado polo pintor Décio Vilares. A bandeira foi adoptada oficialmente polo Decreto 4, o 19 de novembro de 1889 redactado por Benjamin Constant, membro do Goberno Provisional.
Desde a proclamación da República o 15 de novembro ao 19 do mesmo mes usouse outra bandeira que imitaba a dos Estados Unidos de América. As bandeiras actuais dalgúns dos estados do Brasil, como Goiás, Piauí, ou Sergipe, inspíranse neste deseño. O deseño actual, que inclúe un total de 27 estrelas, foi aprobado oficialmente a través do Decreto nº 8.241 promulgado o 12 de maio de 1992.
Simboloxía
editar- Véxase tamén: Ordem e Progresso.
A bandeira actual do Brasil remóntase á bandeira do Imperio do Brasil, deseñada en 1822. Os símbolos do devandito emblema representan as familias reais de Braganza e Habsburgo, ás que pertencía o primeiro casal imperial.O disco azul da bandeira actual representa o ceo de Río de Xaneiro a mañá do 15 de novembro de 1889 (data da proclamación da República do Brasil). Móstrase coma se fose visto desde fóra da esfera celeste. Cada unha das 27 estrelas representa os distintos estados e o Distrito Federal. O número de estrelas foi variando ao longo da historia a medida que eran creados novos estados, crecendo desde as 21 orixinais ás 27 actuais.
A estrela que representa o Distrito Federal é Sigma Octantis, cuxa posición a fai visible en todo o país, ao longo de todo o ano. Ademais, debido á súa situación, o resto de estrelas representadas na bandeira parecen rotar ao redor de sigma Octantis. A estrela de Pará está por encima das demais, xa que é un estado que está ao norte da Liña do Ecuador. O lema "Ordem e Progresso" está inspirado no lema do positivismo de Auguste Comte: "L'amour pour principe et l'ordre pour base; lle progrès pour but" ("O amor por principio, a orde por base, o progreso por fin" en francés).
As estrelas
editarAs constelacións e estrelas representadas na bandeira son:
- Procyon (estrela de Canis Minor),
- Canis Major (cuxa estrela máis grande é Sirio)
- Canopus (estrela máis brillante de Carina)
- Spica (estrela máis brillante de Virgo)
- Hydra (cuxa estrela máis brillante é Alfard)
- Crux (ou Cruz do Sur)
- Sigma Octantis (estrela máis próxima ao do polo sur, constelación Octans)
- Triangulum Australe
- Scorpius (ou Escorpio; cuxa estrela máis grande é Antares).
As estrelas que representan os Estados do Brasil (excepto Sigma Octantis que representa o Distrito Federal) son:
Estado | Estrela | Constelación | Tamaño |
---|---|---|---|
Amazonas | Alpha Canis Minoris (Procyon) | Canis Minor (Can Menor) | 1 |
Mato Grosso | Alpha Canis Majoris (Sirius) | Canis Major (Can Maior) | 1 |
Amapá | Beta Canis Majoris (Mirzam) | Canis Major (Can Maior) | 3 |
Rondônia | Gamma Canis Majoris (Muliphen) | Canis Major (Can Maior) | |
Roraima | Delta Canis Majoris (Wezen) | Canis Major (Can Maior) | 2 |
Tocantins | Epsilon Canis Majoris (Adhara) | Canis Major (Can Maior) | 2 |
Pará | Alpha Virginis (Spica) | Virgo | 1 |
Piauí | Alpha Scorpii (Antares) | Scorpius (Escorpio) | 1 |
Maranhão | Beta Scorpii (Graffias) | Scorpius (Escorpio) | 3 |
Ceará | Epsilon Scorpii | Scorpius (Escorpio) | 2 |
Alagoas | Theta Scorpii (Sargas) | Scorpius (Escorpio) | 2 |
Sergipe | Iota Scorpii | Scorpius (Escorpio) | 3 |
Paraíba | Kappa Scorpii | Scorpius (Escorpio) | 3 |
Rio Grande do Norte | Lambda Scorpii (Shaula) | Scorpius (Escorpio) | 2 |
Pernambuco | Mu Scorpii | Scorpius (Escorpio) | 3 |
Mato Grosso do Sul | Alpha Hydrae (Alphard) | Hydra (Hidra Macho) | 2 |
Acre | Gamma Hydrae | Hydra (Hidra Macho) | 3 |
San Paulo | Alpha Crucis (Acrux) | Crux (Cruz do Sur) | 1 |
Río de Xaneiro | Beta Crucis (Becrux) | Crux (Cruz do Sur) | 2 |
Baía | Gamma Crucis (Gacrux) | Crux (Cruz do Sur) | 2 |
Minas Gerais | Delta Crucis | Crux (Cruz do Sur) | 3 |
Espírito Santo | Epsilon Crucis | Crux (Cruz do Sur) | 4 |
Rio Grande do Sul | Alpha Trianguli Australe | Triangulum Australe (Triángulo) | 2 |
Santa Catarina | Beta Trianguli Australe | Triangulum Australe (Triángulo) | 3 |
Paraná | Gamma Trianguli Australe | Triangulum Australe (Triángulo) | 3 |
Goiás | Alpha Carinae (Canopus) | Carina (Quilla) | |
Distrito Federal | Sigma Octantis | Octans | 5 |
Cores
editarAs cores da bandeira non están actualmente especificadas en ningún documento legal. As seguintes son as cores aproximadas:[1]
Verde | Amarelo | Azul | Branco | |
---|---|---|---|---|
RGB | 0/168/89 |
255/204/41 |
62/64/149 |
255/255/255
|
Hex | 00A859 |
FFCC29 |
3E4095 |
FFFFFF
|
CMYK | 100/0/100/0 |
0/20/100/0 |
100/100/0/0 |
0/0/0/0
|
Outras bandeiras
editarBandeiras gobernamentais
editar-
Bandeira de proa
-
Estandarte Presidencial
-
Estandarte Vicepresidencial
Bandeiras históricas
editar-
Bandeira da Orde de Cristo (1332–1651)
-
Bandeira da Familia Real (1500–1521)
-
Bandeira de Xoán III (1521–1616)
-
Bandeira da Unión Ibérica (1616–1640)
-
Bandeira da Restauración (1640–1683)
-
Bandeira do Principado do Brasil (1645–1816)
-
Bandeira de Pedro II (1683–1706)
-
Bandeira de Xoán V (1707–1750)
-
Bandeira da Familia Real (1600–1700)
-
Bandeira do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves (1816–1821)
-
Bandeira do Réxime Constitucional (1821 – 18 de setembro de 1822)
-
Bandeira do Reino do Brasil (18 de setembro – 1 de decembro de 1822)
-
Bandeira do Imperio do Brasil, primeira versión (1 de decembro de 1822–c.1870)
-
Bandeira do Imperio do Brasil, segunda versión (c.1870 – 15 de novembro de 1889)
-
Bandeira provisional dos Estados Unidos do Brasil (15 - 19 de novembro de 1889)
-
Primeira bandeira dos Estados Unidos do Brasil (19 de novembro de 1889 – 14 de abril de 1960).
-
Segunda bandeira dos Estados Unidos do Brasil (April 14, 1960 – May 28, 1968).
-
Primeira bandeira da República Federativa do Brasil (28 de maio de 1968 – 11 de maio de 1992).
Bandeiras rexeitadas
editarAo longo da historia foron propostas distintas bandeiras para o Brasil, as cales nunca foron adoptadas.[2] Os proxectos proxectos están inspirados polas cores verde e amarela da bandeira imperial, ou pola contra coa combinación do branco, o vermello e o negro, cores que representan os principais grupos da poboación brasileira, o vermello aos nativos, o branco aos colonos europeos e o negro aos africanos.
-
Proxecto de Júlio Ribeiro, 1888. Adopatado posteriormente polo Estado de San Paulo.
-
Proxecto de Antônio da Silva Jardim, 1890.
-
Proxecto de José Paranhos, 1890.
-
Proxecto de Oliveira Valadão, 1892.
-
Proxecto de Eurico de Góis, 1908.
-
Proxecto de Wenceslau Escobar, 1908.
Bandeiras dos Estados do Brasil
editar- Véxase tamén: Estados do Brasil.
-
Bandeira do Acre
-
Bandeira de Alagoas
-
Bandeira do Amapá
-
Bandeira do Amazonas
-
Bandeira de Baía
-
Bandeira do Ceará
-
Bandeira do Distrito Federal
-
Bandeira do Espírito Santo
-
Bandeira de Goiás
-
Bandeira do Maranhão
-
Bandeira de Mato Groso
-
Bandeira de Mato Groso do Sur
-
Bandeira de Minas Xerais
-
Bandeira do Pará
-
Bandeira da Paraíba
-
Bandeira do Paraná
-
Bandeira de Pernambuco
-
Bandeira do Piauí
-
Bandeira do Río de Xaneiro
-
Bandeira do Río Grande do Norte
-
Bandeira do Río Grande do Sur
-
Bandeira de Rondonia
-
Bandeira de Roraima
-
Bandeira de Santa Catarina
-
Bandeira de San Paulo
-
Bandeira de Sergipe
-
Bandeira do Tocantins
Notas
editar- ↑ "Bandeira Nacional". www.gov.br (en portugués). Consultado o 2020-01-13.
- ↑ Projetos de mudança da Bandeira Nacional Brasileira Arquivado 27 de xuño de 2013 en Wayback Machine. BrasilRepública. Consultado o 8 de outubro de 2010. (en portugués).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Brasil en Flags of the World (en inglés)