Bandeira de Rusia

A bandeira de Rusia (en ruso: Флаг России, Flag Rossii), coñecida popularmente como a "tricolor" (en ruso: Триколор, Trikolor) é unha bandeira composta por tres franxas horizontais de igual anchura, sendo branca a superior, azul a central e vermella a inferior. A bandeira foi adoptada oficialmente por Rusia o 22 de agosto de 1991. As cores desta bandeira son a orixe das cores paneslavas.

Bandeira de Rusia
Bandeira de Rusia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción11 de decembro de 1993
Cores     Branco     Azul     Vermello

Historia

editar

Unha lenda popular sitúa a orixe da bandeira de Rusia nunha visita que realizou o Tsar Pedro o Grande aos Países Baixos (nese entón Provincias Unidas) en 1699. O Tsar, que estaba alí para aprender sobre a construción de barcos, deuse conta da necesidade de dotar á súa futura Mariña dunha bandeira. Baseou a bandeira de Rusia na dos Países Baixos, pero elixindo as cores rusas (a bandeira dos Países Baixos daquela época era de cor laranxa, branco, azul e non tiña vermello).

Esta historia, aínda que amplamente estendida, é unha lenda, xa que un libro alemán de bandeiras de 1695 xa describía unha bandeira similar pertencente ao Tsar de Moscova (de feito, xa fora izada pola fragata Oriol, o primeiro barco botado pola Mariña rusa en 1667). O tres colorees provirían do escudo do Ducado de Moscova, no cal aparece San Xurxo cunha armadura branca, montando un cabalo branco, levando unha capa e un escudo azuis sobre un fondo vermello. Aínda que de acordo a outra versión, estas cores serían as das roupaxes da Virxe María, protectora de Rusia. Esta bandeira, que se usou como insignia naval desde o século XVII, foi adoptada para a mariña mercante en 1705. E o 7 de maio de 1883 autorizouse o seu uso en terra firme, converténdose oficialmente na bandeira nacional de Rusia.

Tras a Revolución rusa de 1917, os bolxeviques cambiaron a bandeira por outra enteiramente vermella coas siglas РСФСР (RSFSR - República Socialista Soviética Federativa de Rusia) en cirílico na esquina superior ao lado do mastro. En 1954, adoptouse unha nova bandeira similar á da Unión Soviética pero cunha franxa vertical azul no lado da hasta.

A tricolor foi adoptada de novo o 22 de agosto de 1991, aínda que a proporción foi 1:2 e as cores eran lixeiramente diferentes. Finalmente o 11 de decembro de 1993, no edicto nº 2126 "Sobre a bandeira nacional da Federación Rusa" asinado polo presidente da Federación Rusa Boris Eltsin, a bandeira foi descrita coas cores actuais e a proporción 2:3.

Bandeiras históricas

editar

Outras bandeiras

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar