Arteria

vaso que leva o sangue desde o corazón ás demais partes do corpo

En anatomía, unha arteria é cada un dos vasos que levan o sangue desde o corazón ás demais partes do corpo. O nome procede do grego αρτηρία artēría, "tubo", "condución".

Sección dunha arteria.

As arterias son condutos membranosos, elásticos, con ramificacións diverxentes, encargados de distribuír por todo o organismo o sangue expulsado en cada sístole das cavidades ventriculares.

Cada vaso arterial consta de tres capas concéntricas:

  1. Externa ou adventicia: de tecido conxuntivo
  2. Media: composta por fibras musculares lisas e fibras elásticas
  3. Interna ou íntima: constituída polo endotelio e unha capa conxuntiva subendotelial.

A nutrición destas túnicas ou capas corre a cargo dos vasa vasorum; a súa innervación, dos nervi vasorum (fenómenos vasomotores).

Ver tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.