Arabinosa
A arabinosa é un monosacárido de cinco carbonos cun grupo aldehido polo que pertence ao grupo das aldosas, concretamente ás aldopentosas.
Arabinosa | |
---|---|
Arabinosa | |
Outros nomes Pectinosa | |
Identificadores | |
Número CAS | 147-81-9, 10323-20-3 (D), 5328-37-0 (L) |
PubChem | 5460291 |
ChemSpider | 59687 |
Número CE | 205-699-8 |
ChEBI | CHEBI:46983 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades[1] | |
Fórmula molecular | C5H10O5 |
Masa molar | 150,13 g mol−1 |
Aspecto | Cristais incoloros prismáticos ou aciculares |
Densidade | 1,585 g/cm3 (20 °C) |
Punto de fusión | 164-165 °C |
Solubilidade en auga | Soluble |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Compostos relacionados | |
aldopentosas relacionados | Ribosa Xilosa Lixosa |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Ten dous enantiómeros, D e L, e o máis frecuente na natureza é a L-arabinosa, que é un dos constituíntes da pectina e a hemicelulosa, e pode encontrarse principalmente na goma arábiga. Esta predominancia do isómero L é unha excepción dentro dos monosacáridos, xa que nestas substancias o normal é que o máis abundante sexa o D. A súa isomería óptica non coincide coa D/L, xa que o isómero D-(-)-arabinosa desvía o plano da luz polarizada á esquerda e o isómero L-(+)-arabinosa desvíao á dereita. A arabinosa é epímero da ribosa no carbono 2.
O operón da L-arabinosa é de grande importancia en bioenxeñaría e en diversas técnicas de bioloxía molecular[2].
O sistema clásico para a síntese orgánica de arabinosa a partir de glicosa é o proceso coñecido como degradación de Wohl [3].
A arabinosa emprégase como fonte de carbono en moitos cultivos bacterianos.
Facilita a expresión da proteína fluorescente verde (GPF) usada como biomarcador en moitos estudos. En organismos transxénicos o xene da GPF comparte un promotor cun xene para metabolizar arabinosa, polo que o xene da GPF se expresa en presenza de arabinosa.
O seu nome procede do da goma "arábiga", de onde foi illada por primeira vez.
Notas
editar- ↑ Weast, Robert C., ed. (1981). CRC Handbook of Chemistry and Physics (62nd ed.). Boca Raton, FL: CRC Press. p. C-110. ISBN 0-8493-0462-8.
- ↑ Características do operón da arabinosa.[Ligazón morta]
- ↑ Géza Braun (1940). "D-Arabinose" 20 (3): 14..