Annales Regni Francorum
Os Annales Regni Francorum (en lingua galega "Anais do Reino dos Francos") é unha obra que describe as accións dos gobernantes francos nun período que oscila entre 741 (ano da morte de Carlos Martel) e o ano 829.
Iniciado entre 788 e 793 por orde expresa de Carlomagno, son sen dúbida traballo de polo menos tres diferentes escritores[1], un deles é, probablemente, Eginard, biógrafo de Carlomagno. Os outros atópanse entre os eruditos eclesiásticos que asistiron á corte carolinxia. A pesar da morte do soberano, a obra foi continuada durante o reinado do seu sucesor Lois o Piadoso antes de ser detido sen un motivo concreto no ano 829. O traballo é a fonte máis importante que temos para coñecer as accións e políticas do reino dos francos, especialmente durante o reinado de Carlomagno.
A súa tradución ao alemán publicouse en Hannover en 1895, dentro dos Scriptores rerum germanicarum in usum scholarum, reeditado despois en 1950.