Adolfo

nome masculino

Adolfo[1] é un nome propio masculino galego. Deriva do xermánico Athawulf composto de atha (nobre) e wulf (lobo). En galego tamén ten a variante Ataúlfo, así como o hipocorístico Dolfo. A forma feminina é Adolfina.

Foi unha vez moi popular no mundo xermánico pero o recordo de Adolf Hitler fixo que poucos nenos das novas xeracións leven o nome. En xaneiro de 2023 existían 1.905 varóns en Galicia co nome Adolfo, cunha media de idade de 61,6 anos.[2]

Outras linguas

editar
  • Adolf: alemán, catalán, inglés
  • Adolfo: castelán, italiano, portugués
  • Adolphe: francés

Personaxes galegos

editar

Máis personaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar