1595
Ano
1595 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1595 MDXCV | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2348 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1044 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4291 – 4292 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5355 – 5356 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1650 – 1651 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1517 – 1518 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4696 – 4697 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 973 – 974 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1003 – 1004 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1845 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarAsia
editar- O emperador da India, Akbar, apodérase do Beluchistán e da praza de Kandahar.
- Os rusos derrotan os tátaros de Babara a oriente da cidade de Omsk.
América
editar- Fundación da cidade de Santo Tomé de Guayana en Venezuela por Diego Hernández de Serpa.
Europa
editar- 18 de maio - Paz de Tayssina (Tyavzino), ou Paz de Teusin, preto de Narva, como conclusión da guerra ruso-sueca. O acordo fixa as fronteiras orientais de Finlandia. Suecia adquire Narva e toda Estonia; á vez cede a Rusia unha parte da Carelia, do curso do río Neva e máis a costa sur do golfo de Finlandia até Ivangorod.
- 13 de agosto a 23 de agosto - Batalla de Călugăreni: Miguel de Valaquia, con axuda do príncipe de Transilvania, do que recoñece a súa soberanía, vence o exército turco de Sinan Pachá, preto de Bucarest.
- 12 de outubro - Os turcos evacúan Bucarest, retirándose para alén do río Danubio.
- 18 de outubro - Batalla de Târgovista: Miguel I o Bravo toma Târgovista, antiga capital da Valaquia.
Oceanía
editar- O explorador berciano Álvaro de Mendaña descobre as illas Marquesas.
Oriente Próximo
editar- 15 de xaneiro - Mehmed III tórnase sultán do Imperio Otomán (até 1603).
Arte e cultura
editar- 29 de xaneiro - Estréase Romeo e Xulieta de William Shakespeare.
Ciencia e tecnoloxía
editar- Invención do microscopio polo holandés Zacharias Janssen
- Giordano Bruno, Suma sobre a nomenclatura metafísica.
- O alemán Gerardus Mercator publíca o seu Atlas.
Nacementos
editar- Alessandro Algardi, escultor italiano.
Mortes
editar- 25 de abril - Torquato Tasso, poeta italiano (m. 1544).
- 26 de maio - Filipe Neri, relixioso e santo italiano (m. 1515).
- 26 de agosto - Antonio I, rei portugués (n. 1531).
- 18 de outubro - Álvaro de Mendaña, explorador español, na illa de Santa Cruz, no océano Pacífico (n. ca. 1542).
- 19 de outubro - Philip Howard, nobre inglés e santo da Igrexa Católica.
Outros
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1595 |