Fahrenheit 451 é unha novela escrita en 1953 por Ray Bradbury. É unha distopía onde o autor pinta un mundo no que os libros están prohibidos. O protagonista pertence a unha brigada dos bombeiros encargada de queimar os libros existentes. O goberno considera que ler impide a felicidade ó encher á xente de angustia. Ó ler os homes fanse diferentes, cando deben permanecer iguais na ignorancia.

Fahrenheit 451
Título orixinalFahrenheit 451
Autor/aRay Bradbury
Ilustrador/aJosef Albers
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
ColecciónFóra de Xogo (nº 83)
Tema(s)Autoritarismo, Subversión, Queima de libros e conformidade
Xénero(s)novela distópica
EditorialEdicións Xerais
Data de pub. 1953
Galiciamaio 2005
Formato13 x 21 cm
edición rústica cosida a fío
Páxinas208
ISBNISBN 978-84-9782-310-4
Premios
TraduciónMaría Magdalena Fernández Pérez
editar datos en Wikidata ]

Guy Montag é un bombeiro cunha vida sinxela, pero un día coñece a unha veciña, que lle fala da posibilidade de facer preguntas, cuestionarse cousas. Guy comeza a meditar sobre a súa felicidade. A súa muller só ten como entretemento falar cas veciñas e facer uso dunha especie de televisores interactivos que ten na casa. É imposible compartir as inquedanzas con ela. Nun incendio, unha vella propietaria dos libros prefire prenderse lume ó bonzo e arder cos seus libros que seguir vivindo, e isto sorprende moito a Guy.

O xefe de Montag, acostumado a que algúns bombeiros teñan dúbidas existenciais, ten unha charla con Guy, dicíndolle que os libros só serven para facer sentir mal ás persoas, que os libros de filosofía só din que o autor ten a razón e os demais non. Montag contacta cun vello, ex-profesor de literatura, dándolle a posibilidade de actuar para evitar esta desaparición de libros. Deciden intentar imprimir algúns libros que Montag rescatou de incendios. Despois de ler un libro de poemas diante das amigas da súa muller para amosarlles a súa ignorancia, Montag decide que non hai nada que facer con elas. Cando volve ó parque de bombeiros soa a voz de alarma. Hai que ir a un incendio. É na súa casa. Obrigado a queimar a súa propia casa decide actuar e mata ó xefe.

Xa fuxitivo e perseguido polas forzas de seguridade, fala co profesor e escapa ó rural, onde hai organizacións de lectores que pretenden manter a memoria viva, recordando cada un un libro para transmitilos oralmente ata que chegue un día en que se poidan volver imprimir e distribuír e que o coñecemento supere á ignorancia.

Legado

editar

A obra está considerada[quen?] xunto a 1984 de George Orwell e Un feliz mundo novo de Aldous Huxley, unha visión da decadencia de occidente ante a pobreza cultural e a ditadura da ignorancia.

Foi publicado no 1953 para criticar a censura de libros nos Estados Unidos, como resultado da "caza de meigas" do senador Joseph McCarthy, igual que a queima de libros na Alemaña Nazi no 1933. A ambientación no futuro está bastante ben feita, con referencias a satélites espaciais, robots que colaboran coa policía, casas ignífugas, transporte rápido...

Sen ser explícito co tipo de goberno, só se menciona a realidade social. Guerra, inactividade cultural, ignorancia e represión. Non se mofa de alguén concreto coma en 1984 de Orwell, senón da sociedade e da falta de futuro desta, a menos que decidamos facer algo para reactivala.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar