Universidade de Sydney
A Universidad de Sydney é unha universidade que se atopa na cidade de Sydney, Australia. É a universidade máis antiga do estado, fundada en 1850. A partir de 2009, a institución contaba con 47 775 estudantes, e era a segunda universidade meirande de Australia. É unha das principais e máis afamadas universidades do país, e tamén de toda Oceanía.
Universidade de Sydney | |
---|---|
Universidade de Sydney | |
Datos xerais | |
Localización | Sydney, Australia |
Datos actuais | |
Reitor | Belinda Hutchinson (chanceler) |
Alumnos | 52 789 (2014)[1] |
Datos de contacto | |
Páxina web | sydney.edu.au |
[ editar datos en Wikidata ] |
O campus central, cuxa arquitectura se inspira na de Oxbridge, xace nos suburbios de Camperdown e Darlington,[2][3] ó suroeste do distrito financeiro central de Sydney. Ademais, a universidade inclúe varios outros campus pequenos doutras organizacións nos últimos 20 anos, tales como o Conservatorio de Música de Sydney ou o Colexio das Artes de Sydney.
A Universidade de Sydney é membro do Grupo das Oito (universidades australianas), do Consorcio Académico 21, da Asociación de Universidades da Conca do Pacífico e da Worldwide Universities Network.
Notas
editar- ↑ The University of Sydney (ed.). "Total Student Enrolments 2014". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ The Daily Telegraph, ed. (31 de agosto de 2012). "Beautiful universities around the world". Londres.
- ↑ The Huffington Post UK (ed.). "15 of the World's Most Beautiful Universities Revealed".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Sydney |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)